O colectivo "POR NUESTRO FARO" ven de remitir unha alegación ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, na que se incluiron algúns espazos singulares de Ribadeo, como son a Illa Pancha especialmente amenazada por un proxecto de hotel, cafetería, aparcamentos, etc e outros pontos como as Aceñas, a Fonte Cavada, a Pena Furada, e o Rego da Viña.
Xa anunciamos este proxecto da Xunta de Galicia no mes de febreiro, agora está a piques de rematar o prazo de alegacións e semella que hai pouco interés por presentar alegacións por parte do Concello e sociedades ribadenses, cando hai posibilidades de incluir moitos espazos de interés paisaxístico e turístico tanto da costa como do interior ribadense. Elo ao marxe das críticas e limitacions xeneradas pola xestión da Xunta.
Convén suliñar que os espazos incluidos no programa SIXOT non van entrar necesariamente no Catálogo. Son duas cousas distintas. Para que un espazo entre no Catálogo é preceptivo que se presente unha alegación que o propoña ao marxe de que esteña no SIXOT. Como xa dixemos en febreiro ofrecémonos a colaborar co Concello, grupos políticos ou sociedades para alegar a este proxecto e incluir o máximo posibel de espazos do Concello de Ribadeo.
Grupo « Por nuestro faro »
Ningún comentario:
Publicar un comentario