#ribadeoenbici
Venres ás 20:00 viuse. A bici está puxando en Ribadeo. Polo momento, paseniño. Pero mes a mes verase. As dúas primeiras fotos son de cando nos estabamos a xuntar as 28 persoas que saímos do parque para dar o paseo. Unha ou dúas xuntanzas máis (os primeiros venres de mes, ás 20:00 no mesmo lugar) e publicarei tamén a foto correspondente á primeira xuntanza, para ver a progresión. Ó movérmonos moita xente díxonos que non se enterara, que se íamos facer máis. E os medios estiveron xa máis atentos, con entrevista de Carlos Cid para a CRTVG incluída.
E pouco a pouco, o grupo de facebook Ribadeo en Bici tamén vai medrando.
O próximo primeiro venres cadra o 6 de maio. Alí esperamos. Pola progresión, apostaría que, a nada que non faiga moi mal tempo, superaranse as 50 persoas. Alguén acepta a aposta?
1 comentario:
Tiene alguna inversión en Bosques Naturales? Sabe de la próxima convocatoria de la junta de accionistas? Saludos
Publicar un comentario