Hai case dous anos, o día 24 de xuño de 2014, colocábase a
primeira pedra da nova residencia. Dous anos nos que o novo edificio
foi tomando forma e aspecto, tanto no seu exterior como no seu
interior. Neste tempo as obras foron visitadas en repetidas ocasións
pola Comisión Municipal, formada polas forzas políticas locais e os
representantes veciñais. Ata agora todo se desenvolveu segundo o
previsto polos técnicos e a plena satisfacción de todos, tanto no
cumprimento dos prazos establecidos como na mesma execución das
obras.
A construción achégase, por fin, ó seu fin. Una vez superada esta
etapa dará comezo un novo capítulo, o do seu equipamento. Unha nova
fase na que a Comisión Municipal, presidida polo alcalde, está
disposta a continuar cos seus esforzos e o seu traballo ata culminar
tódolos pasos necesarios ata a súa posta en funcionamento.
Pra reflexionar sobre o percorrido deste proceso, o seu pasado,
presente e futuro, e en cumprimento do mandato veciñal que ten
asumido, o derradeiro venres día 8 de abril, xuntouse outra outra
vez a Comisión pro Residencia, representativa dos veciños deste
concello. Analizada a traxectoria seguida ata agora, a súa
valoración foi positiva. Polo que desexa manifestar o seu
agradecemento ó alcalde e ás forzas políticas locais que souberon
compartir todos xuntos os seus esforzos e colaboración pra levar ata
o final as súas promesas iniciais de impulsar esta aspiración
veciñal, renunciando ás súas prioridades individuais e
partidarias, e loitando todos xuntos na consecución deste nobre e
necesario obxectivo.
Unicamente lamenta a actitude negativa mantida pola Xunta de Galicia
e polo PP local que, desertando este partido político da postura
inicial mantida polo anterior portavoz do partido, o Sr. Valín,
rompeu os seus lazos coa Comisión municipal e, polo tanto, o seu
apoio a este proxecto común.
Esta Plataforma veciñal acordou manifestar, unha vez mais e en nome
dos veciños deste concello, o seu gradecemento á Deputación
Provincial pola achega dos 500.000 euros que acaba de aprobar nos
seus ornamentos pra a nosa residencia. Unha cantidade que culmina o
custo total da súa construción.
Acordou, de igual xeito, seguir apuntalando ó alcalde e á Comisión
Municipal coas súas propostas, cos seus esforzos e axuda ata a
culminación e posta en marcha da residencia, e ata poder acertar na
elección da mellor forma posible de xestión.
Manifestou o seu unánime parecer de adicar tan só a xardín todo o
espazo exterior da edificación adicada a residencia, sen outras
edificacións ou alpendres que alteren a tranquilidade dos futuros
usuarios da residencia. Unha opinión, sen embargo, que deixa ó bo
criterio e decisión do alcalde.
E, finalmente, ratificouse, unha vez mais, na súa aspiración de que
a residencia sexa pública e local, e a súa xestión accesible
economicamente e axeitada pra tódolos veciños deste concello e
comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario