Primeiro,tres fotos antigas que recollín na rede:
Eso era o pasado. Agora, mira esta serie de fotos de onte mesmo:
|
Canapé sur por detrás |
|
Fonte no canapé sur |
|
Incompatibilidade e destrozo. O resto próximo é o resto, movido do sitio nun dos amaños, do círculo exterior. |
|
Canapé norte |
|
Os canapés dende o ceo. Imaxe do Sigpac, tomada en 2014. En tempos, completábase a circunferencia externa, excepto no camiño. En tempos, podería verse aí ós pícaros correr, saltar, xogar. As coordenadas do centro dos canapés corresponden, de xeito aproximado, a Latitude 43º 32' 15,82" N, Lonxitude 7º 3' 0,37" O |
|
Dende o ceo vense ben, en círculo no que a parte central, por mor da circulación, pasou a ter unha importancia que menoscabou a propia estrutura. Nas fotos de a pé nótase o deterioro e o combate desigual entre unha árbore inopinadamente medrada ó pé do canapé sur, mentras o norte, o que dá á zona do parque infantil e escola de idiomas, está moito mellor conservado.
Pregúntome que facer. Deixar que a árbore remate a obra e tire con todo ou recuperar os canapés e desfacerse da árbore? A ben seguro que haberá opinións para todo, mais, despois de máis dun século (teño visto a trascrición dunha acta de 22 de abril de 1907 na que se trataba do
amaño do xardín dos canapés, na entrada da poboación) e varios amaños (algún referido oralmente, e visible polas diferenzas na resquebraxada estrutura), coido que os canapés pagan a pena dunha discusión encarada ó seu amaño. [quizás poidera aproveitarse o amaño da beirarúa en Paco Lanza, preparándose como indica a foto final].
Copio un parágrafo dun
pdf da oficina de turismo:
"O XARDÍN
Desde o século XIX, as crónicas dos visitantes de Ribadeo gaban os frondosos parques da
vila. Un destes espazos de recreo era a Praza de España ou do Campo
–
no centro
–
e o outro
o
Xardín
, que se construíu á beira da estrada de Mondoñedo. Este era un espazo arborado de
grande extensión, con camiños para o paseo e bancos (
canapés
) para o descanso e o repouso.
A construción da estación de ferrocarril e a ampliación da estrada minguaron
considerablemente a súa extensión inicial."
A última obra na zona data de 2013; nela falouse dos canapés para referir o lugar, pero na realidade foi
preparación do parque fóra precisamente do círculo dos canapés.
E ben? Deixarase morrer ós canapés?
Ningún comentario:
Publicar un comentario