20160409

Os abelleiros atacan de novo

Entérome pola rede de que os abelleiros de Ribadeo fan unha actividade pro abellas. Sei que está programada como anti-velutina (ver cartel), pero na realidade é en defensa das abellas. Coido que o cartel é abondo explicativo e resume moi ben o que se vai facer. Coido que non é necesario nin lembrar cousas como que a moita xente lle gusta o mel, ou que moita froita é polinizada polas abellas, que debera abondar con que lembremos que existe un equilibrio ecolóxico e que os cambios bruscos perxudícannos: a todo o conxunto equilibrado de seres vivos, e no conxunto imos nós.

Ningún comentario: