|
sinatura do decreto |
Xa hai un mes, unha nova do concello pasou desapercibida. Foi proposta na web do concello, mais non como nova, senón no apartado de trámites. Quizais este feito debeuse precisamente a que dende o mesmo concello non se lle deu importancia como para figurar no apartado de novas, mais é un paso fundamental para asumir -dunha vez- a administración a través de internet. Trátase da implantación do selo electrónico para a realización de trámites por internet, algo fundamental para equipararse ó rexistro do concello en oficinas. O
documento leva como data 4/3, pero foi colgado o 9/3, cinco días despois.
Deixo a anotación do concello ó final. Nela pódese ver que a pesar dos cinco días de atraso en colgar o documento, aínda fala no futuro: 'facilitará'.
Trámites
Implantación Selo Electrónico de Organo
Implantación do Selo Electrónico de Organo
Primeiros paso da Sede Electrónica
O concello, en breve prazo, facilitará como
primeiros pasos da sede electrónico do concello a posibilidade de
solicitar certificados electrónicos relativos ao padrón de habitantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario