Lembrábao onte mesmo, día das letras galegas, un cartel publicitario dun establecemento hostaleiro de Ribadeo, O Recuncho: "Non vaias a Parque Principado, carallo!" ofrecendo unha alternativa de empanada e agasallo no local.
O comercio de Ribadeo, potente na zona e competitivo co seu horario dominical, resulta que perde clientes en favor de fóra de Galicia coa celebración dunha festa galega. Certo que non debe ser o único caso, mais non por iso debe deixarse a unha beira e seguir o camiño sen consideración, como fixo O Recuncho.
Canta xente de Ribadeo foi onte ó Parque Principado? Canto gastou? Que alternativas tiña en Ribadeo? Por que as deixou de lado? Que alternativas para pasar o día? Quizais a ACISA lle resultara máis proveitoso facer un pequeno estudo diso que abondas das campañas que fai.
Entrada minimalista no 17 de maio de 2012. |
Placa en homenaxe a Manuel María na súa casa da Coruña, cuns versos do poema "Galiza". Collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa, obra propia de jflamela, lic. CC BY-SA 4.0 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario