O venres 6 de maio será a terceira concentración ciclista #ribadeoenbici despois de que na primeira unhas poucas persoas nos reuniramos baixo unha chuvia inclemente e decidiramos facer da xuntanza un feito mensual, e na segunda xa estiveramos 28 persoas nunha tarde acolledora.
Canta xente haberá este venres diante do concello ás 20:00 coas bicis? No post anterior adicado ó tema adiantei que apostaba por superar as 50 persoas. Polo momento a previsión indica que o venres algo ha chover, pero deixando claros abondo. Estás invitada. Estás invitado. Á concentración e pequeno paseo posterior polo pobo. Por se tes que lembrar de que vai o tema, aquí. Ou, resumido, a nota de prensa da convocatoria pasada:
"Os usuarios da bicicleta de Ribadeo, facemos novamente unha convocatoria a todas aquelas persoas que se queiran sumar á concentraciòn que diante do concello de Ribadeo, facemos todos os venres primeiros de cada mes, para reivindicar o uso da bici como um medio saudabel de desprazamento e ao mesmo tempo para reivindicar o poder compartir as vías públicas xunto con os coches e os peós. Citámo-nos este venres ás 8 do serán, no Cantón dos Moreno para crear un espazo de encontro e fazer un pequeno paseo en bici polo centro de Ribadeo."
Comezo dunha carreira. Fotografía 'Leipzig, Straßenrennen der Junioren, Start, de Wendorf; Schaar, Helmut, na Allgemeiner Deutscher Nachrichtendienst - Zentralbild (Bild 183)'. Obtida na Galipedia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario