Non sei ben que título poñerlle. É sobre Ribadeo, claro. E apareceu nas redes sociais esta fin de semana, co que a parte fundamental xa estará sabida por moita xente.
O caso é que saiu a convocatoria dunha praza de 'técnico de administración xeral do concello'. Non, non está aínda na web do concello, e o certo é que non sei se está no taboeiro ese que ten de anuncios o concello, no que atopas cousas que levan caducadas varios meses (como vin no seu momento o do faro da illa Pancha) pero no que é difícil atopar nada, e no que hai que ir ex profeso ó concello para 'estar ó día' 'do que sexa', sen saber que pode saír, a menos que esteñas informado con anterioridade.
Saíu? Cando? Onde? Pois o 16 de abril de 2016, no DOP. E para facer que?, porque o título, "BASES ESPECIFICAS REGULADORAS DO ACCESO A UNHA PRAZ
A DE TÉCNICO DE DE ADMINISTRACIÓN
XERAL CON CARACTER DE FUNCIONARIO INTERINO." non deixa entrever moito. Se seguimos lendo, a cousa aparece máis clara: "programa denominado
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE RIBADEO
2016-2019". Ou sexa: Técnico de medio ambiente. Agora xa está a cousa máis clara.
Nas bases, maioría de temas administrativos fronte a temas de medio ambiente, algo 'típico', ou a constitución dun tribunal que será de funcionarios do concello, non especialistas, pero que elixirá os temas, que non sairán a sorteo. Na convocatoria aparecen exercicios diferenciados, pero na cualificación final fala de exercicios das diferentes fases. Por certo, no primeiro exercicio, eliminatorio, poden entrar temas que sexan elixidos só de tipo administrativo, por xemplo. Ah, e tamén está previsto na convocatoria que "A convocatoria anunciarase no DOG e as Bases no Boletín Oficial da provincia de Lugo e farase pública
tamén
no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal. www.ribadeo.gal
", pero polo que parece debeu haber algún problema con iso. No DOG non a din atopado, supoño que por pouca pericia, mais se saiu no BOP o día 16 e a presentación de candidatos era de 20 días naturais, o prazo xa debeu rematar, aínda que teña preeminencia o DOG... e na web do concello non está ó amencer do día 9 de maio.
Nota posterior: "O anuncio co extracto da convocatoria saíu no DOG do 26 de abril (10 días despois de publicarse a mesma no Boletín da provincia), e o prazo -según di a propia reseña- é de 20 días NATURAIS a partir do seguinte á esa data, ou sexa o luns 16 de maio."
Ningún comentario:
Publicar un comentario