Vexo no xornal que o PSOE presentará unha moción ó próximo pleno (non atopo nada sobre el máis que nunha nota de prensa sobre outro tema que di que o haberá próximamente) na que proporá un Regulamento de participación cidadá. Aleluia!
Dende hai tempo O Tesón estivo dándolle voltas, implicando á Mesa de asociacións, propoñendo, e despois de que o concello pasara do tema e propuxera o que non era máis ca un pastiche con erros diversos, eivas evidentes e tendencias claras, aínda en base a el, aínda fixo unha reproposta. Non sei se leerían ningunha das dúas, porque a historia amosa que o regulamento foi aprobado e recurrido (algo que xa sucedera con outro a comezos dos 90), mesmo eu fixen unha serie de catro artigos comentándoo e suxerindo, e despois deixado sen máis. Unha longa historia para conquerir a participación cidadá en Ribadeo.
Agora, unha nova proposta. Despois de anos e de desconsideración cos veciños (as propostas feitas non foron nin contestadas), un novo intento. aínda non tiven tempo de ler con calma o documento, e a falta de saber o día do pleno, non sei se me dará tempo a comentalo (ó PSOE e despois, aquí). Sinxelamente, dicir 'que sexa para ben', aínda que opino, igual que teño dito moitas veces, que a presentación dun documento así debera ter en conta ós veciños, abrilo con tempo abondo para construílo entre todos (que non é só recoller opinións).
Deixo embaixo o documento consensuado entre O Tesón e as asociacións de veciños participantes na Mesa de Asociacións, xa hai dous mandatos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario