Votas en Ribadeo? Remato de ver o resultado da última enquisa de Metroscopía a unha semana da campaña electoral. E, por que non facer unha enquisa en Ribadeo?
Pois aquí está. Para cubrila:
(onde tamén podes ver os resultados actualizados)
E aquí, podes ver unha táboa de resultados que se vai actualizando pouco a pouco, para cálculos posteriores:
A táboa de resultados poderás consultala cantas veces queiras, mais votar só poderás facelo unha vez. Iso ten un inconvinte: para poder votar tes que ter unha conta de google/gmail/...
Nas enquisas sempre se poden facer trampas. A máis sinxela, dar resultados falsos. Neste caso, pódense facer múltiples contas de google... Paga a pena?
Coido que pode ser un instrumento cando menos de curiosidade e de centrar o interese sobre unha actividade democrática.
Sei que sempre estará algo sesgada (por exemplo, só terán acceso á enquisa quenes teñan unha conta de google...), mais espero que para outra vez esteña máis perfeccionada.
Unha última cousa: esta enquisa quedará cerrada para respostas co inicio de campaña. Dende ese momento en diante, non se admitirán máis respostas. O que si variará será a folla de cálculo, para integrar algún gráfico máis, comparacións, etc (evidentemente, os datos non variarán).
Boa votación!
--
Nota posterior: Tras as primeiras participacións, noto que ás veces a xente non pon o ano de nacemento, senón o actual. Por elo, cambio o formato de entrada desa pregunta.
Nota posterior II: Unha actualización: o ter a folla de cálculo coa que poder manobrar despois do período de participación fai que os posibles fallos (dos que xa houbo mostras) sexan eliminables todos ó final. Así que, se alguén comete un erro, tranquilo, ó final correxirase. Por certo, podes correxilo ti mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario