20160628

Foto impacto

Onte, co balcón do concello tinguido pola bandeira multicolor, tomáronse varias fotos de impacto. Hoxe saen na prensa. A que aparece na nota de prensa do concello é pequena, non se ve ben, máis é a que reproduzo: non estaba alí para tomar outra (e non sei se a tería tomado mellor).
Coido que o detalle non é tanto a nota de prensa (que reproduzo embaixo) como o impacto do arco da vella baixo o torso dos concelleiros encadrados no frontal da casa do concello cos tres manchóns de bandeiras ós que estamos afeitos. é o que chama a atención e fará que se lembre máis ou menos a nova, o texto de embaixo, co que quere dicir. Máis que moitas das eleccións pasadas.
E, como a bandeira vai estar dúas semanas, da tempo a coller a foto colorida sobre a casa do concello...
"
TODOS OS PARTIDOS ASISTIRON AO ACTO

Bandeira multicor

27/06/2016
A bandeira multicor foi colocada esta tarde no balcón da Casa do Concello, onde permanecerá durante dúas semanas, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez.
Ao acto asistiron representantes de todos os partidos políticos que forman parte da Corporación Municipal: Ciudadanos, PSOE, PP e BNG.
O rexedor asegura que "con esta nota de cor, a Corporación Municipal de xeito unánime quixemos expresar o apoio expreso á loita contra a desigualdade, ostracismo e incomprensión que levan padecido e aínda padecen aquel@s por razón da súa orientación sexual".
Suárez Barcia engade: "sumámonos ás reivindicacións do movemento LGBT pola superación das barreiras e desigualdades que sofren estas persoas. O recente atentado de Orlando, a morte e o cárcere en moitos lugares do mundo, a discriminación, a humillación e o insulto... É algo que non se debe consentir".
"

Ningún comentario: