20160623

Metaenquisa 2016

Antonte, o día da entrada do verán, caeu nas miñas mans un gráfico da Voz presentando diversos resultados de varias enquisas para os catro grupos que obtiveron máis votos nas xerais de 26D.  Chamoume a atención por varios motivos, por exemplo, que consideraran a todas as entidades enquisadoras ó mesmo nivel (cando as enquisas non tiveron os mesmos medios e polo tanto, representatividade), que se centrara nos catro partidos con máis representación (favorecendo unha vez máis a asimetría entre partidos) ou que non apareceran datos do CIS, a máis de non aparecer as datas das enquisas, materia esta fundamental.
Aínda así, decidín tomar os datos e facer un pequeno tratamento: calcular o promedio sinxelo tanto das porcentaxes de votos como de escanos, obviando os anteriores peros, para construír unha especie de 'metaenquisa' en base a eses resultados presentados polo xornal. Por comparación cos resultados, cara a outras eleccións poderei facer cousas como ponderar de xeito diferente os resultados de diferentes enquisas, pero non desta.
Preséntanse destacados en vermello os mellores resultados obtidos por cada aprtido nas sondaxes, e en azul, os peores. O promedio, destacado en negro, inclúe un decimal en escanos, pois moitas veces os resultados presentan unhabanda (p.ex., 113-116) que promedio (no caso de exemplo sería 114,5)
As gráficas son indicativas, véndose as posibilidades de diferentes agregacións de escanos por pactos, e o diferente aspecto, unha vez máis, de % de votos a partidos e representación acadada.


Ningún comentario: