Sol brilante sobre os tellados, con nubes como decorado. Ribadeo non remata en Ribadeo, está conectado co resto do mundo. Vémolo todos os días en cousas tan comúns como o Sol. E, mesmo quitados os fenómenos naturais, vémolo pola conexión social, que inclúe cousas como a política, a economía... ou a tecnoloxía.
Hai xa tempo abondo que razoaba nun artigo sobre a ineficiencia dun transporte como o que temos na actualidade por estrada: temos que transportar uns 1400 kg para levar a unha persoa de 70. Ben, as cifras poden facerse máis adecuada, mais a relación 20:1 entre peso aparello/peso transportado é un bo indicativo do que ocorre na actualidade. Sobre o consumo, esa relación leva consigo un consumo duns 5 L de combustible ós 100 km (tamén como indicativo e sendo consciente que é por baixo da media). O combustible, fósil, polo tanto, provinte dun tipo de minería, recurso natural extraído.
Hai tempo que veño vendo prototipos experimentais moito máis eficientes, mais hoxe chamou a miña atención unha nova dun prototipo de 26 kg que pretende facer 2000 km con 1 L de alcohol. Iso implica unha redución en peso do aparato nun factor 50, o que leva a unha redución en combustible de 10 (entre outras cousas, o peso da persoa non baixa no mesmo facotr que o peso do vehículo) e o combustible pode ser producido por cultivos (outra cousa é a súa eficiencia)
Si, o Ribadeo que veremos será diferente no futuro...
Ningún comentario:
Publicar un comentario