A illa Pancha estaba adormilada esta mañá entre un mar en calma e un fondo que, entre mar e nubes, aparecía roxizo como iluminado polo faro. Calma, paz, tranquilidade no medio da natureza e en illamento, algo que se transmitía ás poucas persoas que por alí había a esas horas.
Onte polo solpor a luz era diferente mais a sensación era semellante aínda que había máis xente. Mesmo alguén en postura de meditación cara ó sol que se poñía.
Non é esa imaxe, que calquera pode captar, a que se transmite na prensa de onte, na que catro persoas, cunha frase cada unha, dúas a favor da illa Pancha e dúas a favor de que se utilice (unha delas como hotel) para que non se deteriore máis, daban pe a un titular que insinúa que a maioría silenciosa de Ribadeo está a favor da construción dun hotel.
Menos mal que se trata de construír un futuro común, e non de destruír o de todos, algo que da ánimo para traballar a favor da comunidade. Hoxe, na xuntanza prevista (O Cantón bar, 20:30), é previsible que se acorden novas accións para continuar a defensa dunha parte do noso patrimonio común, na liña das que se veñen realizando.
Como dicía o comezo da nota de prensa de hai un par de días, "Todas las irregularidades constatadas en el proceso de adjudicación, la ocultación de información por parte del Concello
de Ribadeo y la otorgación de la licencia fuera de plazo y sin
cuestionar la validez de los informes, nos empuja a seguir luchando por
clarificar toda esta situación, que nos parece inadmisible."
Amenceu cuberto, máis vai despexando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario