Onte, o grupo 'Por nuestro faro' liberou outra nota de prensa comentando unha primeira resposta do Valedor do Pobo ó escrito enviado hai mes e medio. Non deixa de ser curioso que o proxecto se vendera por unha inversión
moitas veces maior da que figura no proxecto aprobado. Aprobación que
se produce cando, que se saiba, a concesión xa estaría caducada por non
ter comezado as obras nin en prazo nin despois doutros seis meses que
parece que foron concedidos, aspecto este que non aparece considerado polo concello.
"O Valedor do Pobo Galego ven de remitirnos a resposta do Concello á denuncia que presentamos o 9 de xunio. Como ven sucedendo dende o comezo a resposta do Concello é unha nota fuxidía e burocrática que non contesta a nada do que se lle preguntou, nen xustifica en absoluto o interese do alcalde por apoiar este proxecto. Por suliñar algún aspecto concreto, non informa da data de entrada do expediente no concello, nen da exposición pública, dando a entender que non se realizou este paso preceptivo. Respecto dos informes tamén se confirma a nosa denuncia da falla dun informe da Rede Natura 2000 e particularmente debe destacarse que non existe nengún que xustifique a separación en dous expedientes, un para a cafetería e outro para a reforma do faro. Mesmo resulta rechamante que non exista nengunha avaliación conxunta dos impactos acumulativos previsibeis de ámbolosdous proxectos no proceso das obras e posteriormente cando comezase a actividade, o que levaría razonablemente á denegación da autorización.
Outra contradición evidente é que durante ano e medio estívose difundindo un presuposto de 150 000 euros para as obras pero agora no proxecto so constan un investimento de 20 000.
En resumen confírmase que estamos diante dun expediente coxo dende calquer ponto de vista e un concello xordomudo e incapaz de mover unha palla na defensa do noso patrimonio cultural, paisaxístico e medioambiental.
Acompaño unha imaxe posteada onte por un membro do grupo cun comentario sinxelo: "Aplicable a todo tipo de causas, incluida la nuestra."
Ningún comentario:
Publicar un comentario