Sorpresa? Quizáis non tanta. Pode tentar converterse en calquera momento en presión cara ó concello para que permita a cafetería, ou ser desmentida como un erro de comprensión nun xesto bondadoso para ganxear amizades.
En calquera caso, o anuncio do titular, que a illa Pancha será de acceso vip, coido debera significar máis dun xarro de auga fría para facer espertar á poboación dun soño sobre varias cousas.
Unha, que a xestión pública e privada poden ser semellantes tamén en ningunear á xente.
Outra, que se o ben é común, só unha xestión común pode asegurar unha preservación dos dereitos de todos.
E máis secundarias: unha administración sobre a que non se actúa pode interpretar as normas e cambiar a interpretación segundo como lle veña ben a quen a manexa (de xeito interno ou externo)
O medio ambiente mercantilizado ou visto como mercantilizable non é considerado medio ambiente, senón recurso, e tratado como tal.
Se non participas activamente defendendo o que é de todos, deixará de ser tamén teu aínda que non tiveras conciencia antes de que si, tamén era teu.
Poderiamos continuar con cousas que xa están ditas no blog en entradas anteriores e outras que quedan por dicir, mais para sacar algunha lección disto, xa vai escrito de máis.
--
Nota case cinco anos despois:
A illa Pancha segue cerrada, pero a cafetería xa está cos permisos do concello. Queda abrila...
Ningún comentario:
Publicar un comentario