20160804

A vida segue: preparando un 'Recurso de interese xeral' para a Illa Pancha

Recibo unha nota de prensa:
"
RECURSO DE INTERES XERAL (Colectivo Por Nuestro Faro)
 O Colectivo “Por Nuestro Faro” esta a preparar un recurso de interés xeral contra a concesión de licencia municipal para a construcción dun hotel de dúas suites no antigo Faro da Illa Pancha pola Xunta de Goberno celebrada o día 12 de xullo. A documentación foi remitida aos polos servizos xurídicos da Sociedad Española de Ornitología-Bird Life estando en estudo na actualidade. As bases do recurso, pendente do estudo devandito, son a falla de exposición pública en Ribadeo, a tramitación do expediente sen dar opción a participar a outras empresas, a falla de informe específico da Rede Natura 2000, a falla de informe de viabilidade económica-financieira, a substitución do proxecto inicial que serviu de base para a concesión por dous proxectos desdoblados (Hotel e cafetería), o incumplimento de varias datas de finalización, etc.
 De tódolos xeitos debe subliñarse que o problema de fondo ven de máis atrás que da data de concesión da licencia. Está perfectamente documentado nas hemerotecas que o alcalde de Ribadeo xa tiña decidido apoiar este proxecto varios meses antes de que o aprobase o Consello de Ministros ou se concedese a concesión e case un ano antes de que entrase no concello nengún dos informes sectoriais que se usan para xustificar a aprobación da licencia. Asi pois, o diario El Pais do 24 de Abril de 2015 publicaba unas declaracións do alcalde nas que afirmaba que o proxecto era “un premio para Ribadeo” sen ter en conta os impactos medioambientais, o deterioro da Illa Pancha nen a viabilidade económica.
 Polo demais “Por Nuestro Faro” organiza unha concentración vecinal no parque en fronte do concello o día 14 de Agosto ás 12 da mañan para defender a conservación da Illa Pancha no estado actual, rexeitar a privatización e exixir a revocación da licencia municipal.
"
Imaxe de Lino Vital Hidalgo, lic. CC-BY-SA-3.0, obtida de https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Ribadeo_faros_de_Isla_Pancha.jpg.
Poden obterse máis imaxes, con dereitos semellantes en https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Faro_de_Illa_Pancha.

Ningún comentario: