Onte tive a oportunidadede desfrutar do solpor de Ribadeo. Nas catedrais aínda había xente, moita dela tentando capturar o momento tanto ou máis que vivíndoo. Sen impedimentos de entrada, que iso é para a galería e os momentos de día, que non teñen por que coincidir cos momentos de pracer (algo que -a falta de control- fai outro furado nas contas de visitantes, a máis dos hoteis, bus e taxis). Por certo, que vin o deterioro da senda por riba do rochedo, en particular sobre o arco primeiro, onde as laxes están á intemperie, descubertas de vexetación ou terra, esperando ser atacadas e diezmadas. Canto tempo durará o arco?
Pregunteime que procura a xente nas Catedrais. Púxenme como visitante, e non souben que coller como principal metido nese personaxe xenérico do 'turista'. Non sei se collerán a paisaxe ou o desfrute do momento, ou a marabilla natural ou outra cousa aínda... O que si que teño claro é que 'deberan' "ver o mundo dende Ribadeo" tanto ou máis que Ribadeo visto con ollos de fóra. E é que, se Ribadeo ten moito que ver (embaixo, varias vistas de onte dende a zona das catedrais, pero poderían ser á beira do faro -xa se sabe, dende dentro, non...- dende o Mondigo ou dende outros moitos lugares) tamén se pode mirar fóra aprezando marabillas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario