Segundo contrato, as obras de adecuación da illa Pancha para Hotel terían que ter rematado hai máis de nove meses.
Dende aquela, teñen pasado moitas cousas, e hoxe mesmo debe estar posto o cartel de permiso de obra sobre a porta da ponte que leva á illa. Mais as obras non comezaron para ter rematado nove meses despois. Si teñen ocorrido o que os que formamos o grupo de defensa da illa consideramos un conxunto de irregularidades. Medidas que, illada unha a unha, serían medidas 'de gracia', e así, en conxunto, non pasan do que se chaman gracias, con outras connotacións abondo diferentes, burlonas como adxetivo suave.
Por iso, en defensa do que consideramos mellor, seguimos, e seguimos a obter pequenos resultados que levan ó futuro. Un futuro que aínda non está escrito por moito que haxa papeis que xa, en boa lid, serían papeis mollados. É por iso que a nova de onte, de que un grupo parlamentario inste ó goberno a que retire a concesión da illa Pancha, recibímola como un chanzo máis no camiño para conservar unha illa Pancha para a comunidade. Algo que inclúe accións de todo tipo, políticas, mais tamén xurídicas ou de concienciación da cidadanía, pois sabemos que o futuro non se gana só a golpe de sinaturas de papeis. E moito menos pola repercusión mediática que poda ter unha nova como a de onte. Seguimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario