Unha cousa máis: apunta á Policía Local como garante. Está todas as noites da semana de servizo?
Saúdos e boas festas!
Nota de prensa:
"
Novas
SUÁREZ AGARDA QUE SEXAN UNHAS BOAS DATAS PARA TOD@S
Bando para as festas
05/09/2016
O Concello ven de anunciar nun bando os horarios
para o remate das actividades vinculadas ás festas da patroa que se
celebran durante estes días. O luns 5 e o martes 6 deberán ter rematado á
unha da mañá, mentres que o mércores 7 poderán alongarse ata ás cinco
da madrugada, o xoves 8 ata as catro, e o venres 9 e sábado 10 ata ás
catro e media.
O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que "xa metidos nesta semana
de festas da patroa, neste broche final do verán, neste importante verán
que tivemos aquí en Ribadeo, agora toca a ilusión destes días, que son
moito máis que bulicio e diversión. Son o reflexo do que somos os de
Ribadeo e o xeito que temos de gozar da nosa xente e da nosa terra". Fernando Suárez subliñou que "neste bando que vimos de publicar dispoñemos que estes días se convertan nunha fervenza de risas, de alegría, en un fluír de xente de aquí e de acolá que se achega aquí en Ribadeo. A nosa vila queremos que sexa modelo de limpeza, de orde e de apacible convivir".
O rexedor ribadense engadiu que "tamén queremos lembrar que debe haber uns límites en canto a horarios e a ruídos tanto das orquestras, das atraccións, das barracas, etc… para poder convivir todos os que queren gozar e os que queren ou teñen que descansar. Como son bastantes días decidimos ir ao máximo que permite a lexislación actual, pero nalgúns deles dado que ao día seguinte é laborable resolvemos dar un horario pequeno".
O alcalde de Ribadeo cre que "no conxunto de todos os días hai tempo máis que dabondo para rir, bailar, gozar, pasalo ben, ir ás atraccións, respectando aos que non poden ou teñen que traballar. En cumprimento destes horarios máximos permitidos deberán cesar as actividades tanto das orquestras como das barracas e demais actividades con son, facultando á Policía Local para que garanta o cumprimento efectivo destas autorizacións".
Suárez Barcia engadiu que "ademais en materia de volume emitido polas orquestras, as atraccións ou polo resto das actividades vinculadas aos festexos da patroa terán que ter un especial coidado e deberán conciliar todo isto especialmente a partir das tres da mañá para os días nos que os festexos rematen en horario posterior".
Fernando Suárez concluía: "confío, desexo e agardamos desde o goberno e a Corporación Municipal que sexan unhas boas festas para todos e para todas e as vivamos con ledicia, paz, orde, harmonía e respecto".
O bando, en Issuu:
Ningún comentario:
Publicar un comentario