Pasou o
#5000 (recén), pasaron as festas (case) e a vida continúa. Algo que pode verse nas catedrais como en outros moitos lugares menos representativos. Pode verse hoxe mesmo na web feita para iso que
as catedrais necesitan permiso hoxe, domingo 11 de setembro, para ir a darse unha volta por alí. Hoxe era
baixamar pouco antes das seis e media da mañá, mais, como se pode ver nas fotos, aínda pasadas ás 9 podíase acceder ós arcos. Sen restricións: alí non había máis que o encargado dos baños, e non as houbo polo menos ata as 10 e media, con marea que xa non permitía acceder a pé ó baixo dos arcos. Non sei os pases máis que habería que contabilizar: a iso das 9 da mañá podía haber na praia unhas 20 persoas, e houbo xente dende o amencer. Por sorte, ninguén tiña pinta de vándalo, e os descoidos non pasaban de mollar os pés cunha vaga imprevista. Iso si, a auga segúa fluíndo preto das escaleiras, e noutro entrante, un poste da barandilla pendía do cantil.
Co Sol de fronte
A praia, aparentemente baleira
O can sobre a area, co dono detrás.
Refrexos.
O mar brumoso.
Bañados polo sol entre as sombras.
Tamaño natural, coa bruma ó fono.
Porta ao norte (Illa de Xan Galo).
1 comentario:
A foto dos arcos co sol de fronte é magnífica. Noraboa Antonio
Publicar un comentario