20160907

Imaxes de Ribadeo alternativas á festa

Estamos en festas, e saen imaxes... das festas. Estas son outras imaxes de Ribadeo en festas, mais non das festas de Ribadeo.
A primeira, os chiringuitos de venda ambulante cerrados pola mañá contrastando co Ribadeo de tódolos días
 A segunda, unha acampada improvisada nun parque: dalgún xeito ten que sobrevivir a xente, e moitas posibilidades non lles deixamos.
 Un espectáculo bonito para disfrutar mentras para o outro lado soa un bum, bum atroador (e coido que innecesario) no 'recinto da feira'
 O espectáculo celeste segue e calma.
 E, mentras, na vella oficina de turismo vella ('sala de exposicións do parque de San Francisco'), unha exposición da coleción de del Río  amosa cadros coma este, de Suso Peña, ano 80, amosando Porcillán sen a Avenida Castelao.

Ningún comentario: