20161013

12 de outubro dende Ribadeo. A terceira vía

Entre a festa patrocinada herdeira do día da raza e o combate á mesma con diversos motivos (dende os tradicionais indixenistas ata os máis novos corruptistas, pasando polos separatistas), onte abriuse paso unha vez máis a vía pasotista. Quedou manifestada non por asuntos como o vídeo semiviral sobre o 12 de outubro, senón pola tarde de cafetería nun Ribadeo tranquilo no que o movemento a favor ou en contra das redes era algo alleo.
En calquera caso, aínda que en grupos, o día de festa  supuxo unión: quen a celebrou con motivo institucional, con gala e esquecemento. Quen o fixo con motivo de contestación, sumando accións á causa. E quen de xeito alternativo, sen outro aquel que pasar un día liberado en compañía. Non sei ben por que, pero cara ó fin do día, ó ver a un grupo de rapaces matando o tempo tiven unha sensación que me lembrou ós tempos de Semana Santa sen procesión: tempo para pasar sen posibilidade de diversión, tempo morto...


Ningún comentario: