20161024

Falemos do tempo

Sabemos da temperie como recurso para a fala. Un par de gráficos referidos a Ribadeo para sumar a ese recurso...
Dentro da maraña de gráficos con temperaturas medias, unha liña cor verde que comeza por enriba do 14,1 ºC é a que representa a media deste ano. Para identificala, no gráfico de abaixo sináloa entre dous puntos e o seu final, confundida coa liña verde escuro que corresponde ó ano 2007, e que representa que a temperatura media ata o momento é igual á dese ano, mais cun outono máis benigno, pois a media segue a subir no ano acutal, mentras que por extas datas de 2007 xa comezara a baixar. Ou sexa, en canto a temperatuas, este ano ven sendo un ano normaliño, un pouco máis quente que a media do século, pero pouco. De claquera xeito,segue a confirmarse a suba xeral producida polo cmabio climático, e amosada en cousas como a aparición das bolboretas 'calavera' na zona.
En canto a chuvia acumulada no ano, polo momento a liña verde que reporesetna o 2016 vai en terceira posición do século. Mais así como a primavera-inverno foi moi chuvioso, o que levamos de outono non o está a ser tanto. De calquera xeito, e en comparación co ano pasado, a comezos do verán xa levaba tanta chuvia caída como todo o ano 2015.
-- Complemento: o día 25 recollen unha medusa na praia dos bloques de gran tamaño, que parece ser unha rhizostoma pulmo, característica da zona mediterránea...

Ningún comentario: