20161025

Topando coa igrexa (ou con Silvaje)

O culebrón relacionado co aigrexa que tocou a Ribadeo hai máis de catro anos encamiña o seu fin parcial. Despois de que José Emilio Silvaje Aparisi fora nova, chascarrillo de antroido ou fonte de lamentos eclesiais, despois de que rapidamente se esquecera o tema, despois de que tapices de Cedofeita (coido que eran desa parroquia) apareceran nun vídeo dunha procesión en Canarias colgados dalgunha casa, ou de que dende a estrutura eclesial se tentara minimizar o tema por iso de que as cousas son da igrexa e os fieis son Igrexa, defensa de feligreses de Covelas con pulgas, chamamentos de inxusticiza ignorados, despois de todo iso, está a piques de saír a resolución xudicial, anfrontándose o ex-cura a unha pena de 3000 € máis catro anos e medio de cárcere.
Fin parcial? Si, pois pídese indemnización ó bispado polas tallas e obxectos que non apareceron, o que implica a súa perda a cambio dunha compensación económica á institución, non ás parroquias, e polo tanto, perda dobre para os veciños. E ese non é o fin que debera ter, para facer borron e conta nova. As parroquias quédanse co borrón e sen nova conta... despois de ter destapado o caso e loitado co bispado para que levara adiante o tema, e contemplar como aínda hoxe os xornais falan da petición de condena do fiscal, pero non da acusación eclesial.
Quizais para completar a información o mellor sexa darse unha volta por internet, e descubrir, por exemplo, o blog de José Emilio Silvaje Aparisi, 'Configurando la mirada', ou descubrir o seu artigo sobre "Pensamiento estético en la España de 1924 a 1926. Un acercamiento desde Ortega y Gasset (Facultad de Filosofía, Universidad de Valencia., 2014)", ou 'Mirar e interpretar el arte', ou quizáis, referirse a outro actor que volve estes días a estar presente en Ribadeo, o 'Pequeno Nicolás' (ou aquí, ou aquí), co que estimo ten cousas en común.


Ningún comentario: