Non nolo explicamos, mais sucede. Nun pobo onde case é tan doado atopar ó veciño como ó xornal, que saian cousas falsas na prensa sucede. Esta semana, outra vez, e non parece casualidade, en relación á illa Pancha. Digo que non parece casualidade porque se enviou a correspondente nota para a rectificación da nova, e non aparece tal, despois de non ser a primeira vez que hai confusión na rúa debido ás novas periodísticas que se apartan da realidade.
Que dicía a nova de 17 de novembro? Entre propaganda diversa, como que aínda que nas instalacións non haxa cafetería haberá cafetera e produtos de calidade, no subtítulo endilgaba ó grupo 'Por nuestro Faro' a culpabilidade de que non se poda entrar na illa: 'La entrada al recinto está prohibida a raíz de una denuncia vecinal'. A ter en conta que antes fora vendido polo promotor que a xestión da illa pola súa parte permitiría entrar nela, despois de décadas pechada para paso do sinxelo peón.
Precisamente a denuncia veciñal produciuose a raíz do paso á illa de visitantes invitados polo promotor moito antes de ter permiso de calquera tipo do concello para obrar, pero despois, claro, de ter as chaves da entrada e polo tanto, ter asinada a concesión. Concesión que estipula entre outras cousas que
'El portal de acceso a la isla permanecerá cerrado siempre, salvo cuando lo abran desde sus vehículos los clientes del hotel (no de la cafetería), los empleados de servicio proveedores, o las personas autorizadas por la AP o por las autoridades de Pesca (...)'
'La puerta de paso de hombre en el portal de acceso a la isla permanecerá abierta siempre que lo esté la cafetería, y cerrada con llave, por el concesionario, el resto del tiempo'
Como nota aclaratoria, a cafetería estaría permitida por Portos, pero non por diversas outras normativas que afectan á illa.
Por se non está claro, deixo embaixo a nota que o grupo 'Por Nuestro Faro' enviou para a corrección correspondente:
*"Na páxina 6 de A Mariña do Progreso do día de hoxe publícase
unha nota sobre a Illa Pancha que di, en titulares "La entrada al
recinto está prohibida a raiz de una denuncia vecinal". Esta información
é manifestamente errónea e pregámoslle que a rectifiquen o mais axiña
posible e cando menos ca mesma relevancia. O acceso a espazos portuarios
e similares está regulado e limitado pola lexislación de portos e neste
caso polas condicions da concesión acordada pola Autoridade Portuaría
con data 30/6/2015. Ao non concederse licencia para instalar a cafetería
o acceso quedará restrinxido aos usuarios do hotel, cando éste chegue a
funcionar. Polo demais advertirlles que Vds. están recibindo unha
información sesgada por intereses particulares de diverso tipo que
adoita alonxarse excesivamente da realidade. Reciban unha aperta e como
sempre ao seu dispor. POR NUESTRO FARO"*
Que eu saiba, a información neste momento aínda non foi rectificada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario