O quencemento global é un feito. Aínda hai poucos días que un pequeno
estudo neste blog aportaba dados que testemuñan que ano tras ano,
Ribadeo tende a ter un clima máis quente.
Mais a media de
temperaturas é algo estatístico, e poden darse episodios aleatorios que
vaian en dirección contraria á media. Así está pasando este comezo de
ano en Ribadeo, no que, cos dados da estación mateorolóxica automática
da Pedro Murias, podemos afirmar que está sendo o máis frío do que
levamos de século.
Se collemos o número de días nos que se
acadaron temperaturas por baixo dos 3 ºC, na primeira semana do ano,
este comezo suñera amplamente ó resto (hai dous anos, 2001, do que non
hai dados, e 2002, do que faltan dados aínda que os que hai apuntan a
que non quegou ó número de días por baixo dos tres graos centígrados que
levamos). E hoxe todo indica que será outro día a sumar á lista,
aumentando a diferenza con outros anos.
Por certo, este ano xa
levamos máis días con temperatura nalgún momento por baixo de 3 ºC que o
ano pasado ou que 2014. E ó rematr o día de hoxe, igualaremos ó total
de 2015...
Deixo embaixo unha táboa e unha gráfica ilustrativas:
* Publicado primeiramente en fqribadeo *
Ningún comentario:
Publicar un comentario