O pasado día 9 de decembro de 2016 o colectivo POR NUESTRO FARO remitiu un escrito á Dirección Xeral para a Conservación da Natureza da Xunta de Galicia exercendo o dereito á información medioambiental que garanten as leis europeas e españolas (lei 27/2006 de 18 de xullo) e seguindo os protocolos da SEO BIRD LIFE. O prazo de resposta era de un mes pero non chegou a dia de hoxe. O trámite seguinte, dacordo ca lexislación vixente, é a presentación dun novo escrito confirmando a petición e facendo declaración expresa de que a calada será interpretada como un silencio afirmativo positivo. Ou sexa, un novo silencio, no prazo dun mes, daríanos a razón no plano xurídico e debera ter consecuencias no plano administrativo e político, anque de sobras sabemos que nanai de la China.
A pregunta do noso colectivo é a mesma que vimos repetindo dende hai moitos meses nos medios de comunicación e nos foros políticos e parlamentares, galego, español e europeo. “¿Existe un informe, no expediente do hotel da Illa Pancha, que avalíe a non afección a Rede Natura 2000?” Pregunta sinxela e doada de respostar… querendo. As respostas cóntanse por evasivas, como a da comisión especializada do Parlamento Europeo “Pregunte na oficina do lado” ou a da Valedora do Pobo : “Eso é cousa de Madrid” ou a da Consellería de Medio Ambiente: “Non recibimos o expediente” ou a do Defensor del Pueblo: “Agarde” “Siga agardando”. No trasfondo resoan as palabras e os silencios do alcalde de Ribadeo e toda a corporación e de non pouc@s ribadenses que agardan ou deben unha sinecura, un trato de favor. “Un premio para Ribadeo” “os informes técnicos son precetivos e vinculantes” si, e infalibles e inapelables, engadimos, como os do Fiouco, técnicos, infalibles, preceptivos, segredos, inapelables. E despois pasa o que pasa.
O Sr. Alcalde de Ribadeo defende a tese de que non puido facer nada e que a responsabilidade da desfeita é doutros organismos. A realidade é absolutamente ao revés. O Sr. Alcalde agochou o proxecto, negou información substancial no momento máis crítico, ou sexa nos primeiros meses da tramitación, saiu en defensa pública do mesmo (un premio para Ribadeo), deixou sen respostar cinco preguntas da veciñanza cando saiu á luz inevitablemente, deixou de procurar informes obxectivos e rigorosos, xogou ao despiste cos movementos veciñais e artellou un coro ben adubiado para entoar o “non podo facer nada”. Mesmo cando os veciños xestionamos, ao noso cargo, a procura de informes e asesorías estamos facendo a laboura social e cultural que debera facer un concello democrático mínimamente participativo e representativo.
Hai varias semanas preguntamos ao concello por la presencia dunha pala mecánica na illa. Resposta: Nula. Agora pódese observar que as obras levan consigo actuacións a carón do antigo Faro. Pódese preguntar se esas actuacións estaban na licencia, pero non haberá resposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario