*Primeiro publicado en FQ Ribadeo*
*Ven de parte 1: Un ano de temperie en Ribadeo. I.- Temperaturas*
As dúas variables meteorolóxicas que máis se cre lembrar son as
temperaturas, en primeiro lugar e das que xa falei, e a chuvia. E iso
pasa porque nesta terra son os factores determinantes da temperie.*Ven de parte 1: Un ano de temperie en Ribadeo. I.- Temperaturas*
Un dito apunta a que nesta terra 'a fame ven en barca', e polo momento o cambio climático non invalida o dito, seguindo na liña de choiva e verdor ó noso arredor.
A táboa anterior indica que o ano pasado foi máis ben chuvioso, case duplicando ó ano no que menos chuvia caeu do século, o 2004, situándose as precipitacións case un 20% por enriba da media anual.
O gráfico a continuación amosa a evolución ó logo dos anos, presentándose o 2016 en liña máis remarcada, na que se poden observar as notables precipitacións de comezos de ano, e en xeral ata o mes de abril, que rematou sendo o primeiro cuarto de ano máis chuvioso do século. Mais despois o verán foi seco e o outono só un pouco máis chuvioso que a media.
Se comparado con outros anos foi un período húmido, tamén a tendencia confirma que estamos a sufrir un aumento leve de chuvia caída cada ano,
que aumentou a media anual nun 10% dende comezos de século.
A distribución da chuvia caída por meses ó longo do século non sofre variacións aprezables, como era de esperar por aumento dun período pequeno en relación ó total. Segue a destacar (cada vez máis) novembro, por riba de xaneiro, e o outono-inverno como tempada de chuvias, mentres o destaque do verán é pola falta de chuvias (tamén, cada vez máis).
Se representamos os mesmos datos en círculo, non aparece a mesma simetría da que facía gala a representación de temperaturas:
De calquera xeito, a chuvia é aleatoria. Algo que pode observarse na distribución semanal que deixo a continuación, onde é identificable a semana na que se produxo a inundaciòn de xuño de 2010...
Ningún comentario:
Publicar un comentario