Esas son as contas: 1300 €/habitante, e Ribadeo ten, en números redondos, 10000 habitantes...
E as contas saen de dividir o custe 'actual' (pode aumentar aínda) do rescate bancario, 60 700 000 000 € (tamén redondeando, claro...) entre o número de persoas con documentación española (uns 46,7 millóns).
O 'rescate' non era un rescate, senón unha axuda que ía saír gratis, pois era temporal porque ía ser devolto. Ahora podemos falar en pasado, pero daquela falábase en presente. Aínda que na realidade, 'falábase' está mal empregado. Moi posiblemente ninguén que lea esto que escribo falara de tal xeito. Porque todos ulíamos a que se nos viña encima.
Comisións de investigación bloqueadas, ou cooptadas e ninguneadas forman parte xa do panorama actual na política española. Por iso faise máis difícil aínda saber como foron na realidade as cousas. 'Cousas' significa neste caso os máis de 122 000 000 000 € de recursos públicos empregados pola administración e como foron usados ('administrados') para salvar entidades bancarias. Parte das que -hai que lembrar- no proceso pasaron tamén de públicas (xestionadas por delegación administrativa, propiedade de todos) a privadas, nun proceso paralelo que supuxo tamén unha perda para a comunidade. Tampouco se lembra -non figura- nos cartos contabilizados polo 'Tribunal de cuentas' o apoio doutro tipo traducible en cartos, como créditos fiscais (dilación de pago de impostos e/ou minoración do seu importe) ou avais ('poñer a cara' -e o peto de respaldo- para que outras entidades prestaran cartos).
Os datos hai que atopalos 'por aí', o mesmo que hai que lembrar que o sistema bancario español era moi forte, dos mellores e máis fortes do mundo mundial.
Por certo, o sistema financieiro español estaba -e está- regulado. Iso din, pero parece que esa regulación non trae consecuencias, nin para os regulados, nin para os reguladores. Das consecuencias xa nos encargamos nós.
Mentres, xa sacaches 1300 € do peto. Que non os tes, que nunca os tiveches? Engánaste. Sacáronchos quizáis precisamente porque non sabías que eran teus. Porque non sabes o que tes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario