Corto e pego o borrador da acta da última asemblea de O Tesón:
Asemblea Xeral ordinaria
da Asociación de Veciños O Tesón
Salón de Actos Casa do
Mar, 20170204, 20:00, con asistencia de 6 socios.
Ó
estar a asociación nunha situación previa á súa disolución, a
orde do día consta de un único punto:
1.Futuro
da Asociación.
Para
información dos asistentes, lése a convocatoria, que se reproduce a
continuación (e que non foi enviada ós domicilios, senón por
correo electrónico e subministrada ós medios):
Pola
presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asemblea xeral
ordinaria que terá lugar no salón
de actos da Casa do Mar
o día 4
de febreiro
de 2017,
sábado, ás 20:00
horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria,
que previsiblemente non se fará por falta de quorum)
Está
previsto un punto único na orde do día:
1.Futuro
da Asociación.
Como
comentario ó único punto, despois de ter pasado un ano de prazo
como foi previsto na última asamblea, e ante o feito de que non hai
candidaturas á directiva, pero si nos teñen manifestado moitos
socios (e mesmo non socios) un apoio para a continuidade, estanse
estudando diversas posibilidades, como continuar a situación actual
de xeito indefinido, editar un novo libro de tema ribadense, etc,
algo que queremos consultar a quen teña a ben asistir.
En
Ribadeo, a 15 de xaneiro de 2017
O
Presidente,
Francisco
J. Campos
Desenvólvese
a sesión estando todos as asistentes de acordo en procurar unha
fórmula para evitar a disloución.
Arturo
Linares reitera que el non quere seguir en ningún posto de
responsabilidade, autoexclíndose de calquera directiva que se poda
formar.
Rocío
Botana indica que se é posible, ela tamén prefire non formar parte
dunha nova directiva.
Incorporaríase
á directiva José Ángel Salvatierra Rico.
Acórdase
non pasar cotas polo momento, ao menos ata ir normalizando a
situación.
Acórdase
reconstituír a directiva para seguir funcionando, se ben con
actividade reducida, empregando a estrutura da asociación cos mesmos
obxectivos que ata o momento constan nos estatutos, para o que é
necesario unha redistribución de cargos e revisar as sinaturas da
conta bancaria.
Asemade
tamén se acorda a publicación en canto esteña preparada a edición,
dunha obra de José Mª Rodríguez, a repartir entre os socios.
Ás 20:40 dase por concluída a Asemblea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario