Hai case dous meses (20/12/2016) que saía nas novas o último dos
verquidos do CAVI dos que se deu parte. O título que levaba na 'Voz' dese día deixa clara a situación: "
Nuevos vertidos a un río en el que se capta el agua que se consume en Ribadeo
Es lo mismo que ocurrió en reiteradas ocasiones en los últimos años". Ditos verquidos, producidos polo Centro de Alimentación de Vacuno Irmandiños, íntegramente dependente da
Cooperativa Irmandiños, hoxe integrada en
CLUN, rezuman ata a cuneta (non sei se entraría en funcionamento o sistema de depósito para atravesar a
LU-133) e rematan no
rego de Lexoso, augas arriba do
encoro de Vilamariz que subministra
auga a Ribadeo (aínda que del se extraia na actualidade unha porcentaxe menor).
Dende aquela non sairon novas aclarando que xa estaba en marcha a corrección, ou que se impuxo unha vixinacia dura (en teoría, vixiancia xa estaría habendo dende hai moito tempo), ou plans da empresa para atallar o problema.
Non. É dicir, volveremos a ter calquera día novas doutro verquido. Apostamos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario