Remato de ver na rede unha cita de William Golding (autor de 'o señor das moscas' entre outras cousas) que indica que non sabe por que as mulleres queren ser iguais ós homes, xa que son superiores, como amosa con varios exemplos. Esa liña de pensamento (e a aplicación correspondente na práctica) achégase abondo ó que penso, e polo tanto, négome a 'botar flores por un día' e apúntome a colaborar a diario en igualdade. Hoxe, sinxelamente lembrando que o mundo ten outras facetas nas que ás veces non cavilamos e son tan importantes ao menos como aquelas que temos presente de xeito contínuo. Facendo outra cousa, poñendo algunha foto do noso mundo común (de todos, mulleres e homes, por se non se entendeu)
Os cocos en San Roque
Interior da igrexa de Santa Clara
Exterior da igrexa do convento de Santa Clara
Ribadeo e Castropol, unidos
Ningún comentario:
Publicar un comentario