20170501

1º de maio en Ribadeo

Case comezo o día lendo un artigo sobre Kirmen Uribe, titulado "La libertad, la memoria y la democracia se construyen todos los días. 1 de maio. Ribadeo. Calquera día. Calquera lugar...
A celebración pode estar ben para ter un referente a lembrar, pero non deixa de ser algo que se celebra porque se conseguiu a base de loita. Unha parte que parece esquecida. E que mesmo parece da que se quera propiciar o esquecemento, como amosa a Galipedia na entrada ligada, referíndose á folga do 1º de maio de 1886 no Haymarket de Chicago por parte de sindicalistas anarquistas 'axusticiados' despois, data elexida despois para a celebración anual: "É curioso que nos Estados Unidos non se celebra esta conmemoración. Alí celebran o Labor Day o primeiro luns de setembro desde 1882, nunha parada realizada en Nova York e organizada pola Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo (Knights of Labor, en inglés). O presidente Grover Cleveland, propiciou a celebración en setembro por temor a que a data de maio reforzase o movemento socialista nos Estados Unidos."
Imaxe que aparece, no Dominio Público, texto desta imaxe, de https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_dos_Traballadores (licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0)
 Que rememores moito neste día! Lembras algunha loita deste tipo en Ribadeo?  Cres que debera de habela?

Ningún comentario: