Unha das bandeiras azuis corresponde ó "sendeiro que discorre entre o faro da Illa Pancha e As Aceas". E aí ven o de bandeira negra. Bandeira pirata que se podería enganchar ó comezo da ruta despois do secuestro dunha illa de 10000 m2 por unha concesion de 500 m2. Unha illa que parece ser o segundo lugar máis visitado de Ribadeo e no que non se pode entrar a non ser que durmas alí a prezo de pazo. Despois, o camiño discurre á beira dunha prácida ría que está mesmo sendo rexerada en árbores autóctonos ó seu paso, tendo só en contra desa conservación ambiental e de servizo público o que as antes limpas augas e fondos de Porcillán se vexan agora emporcadas ó non haber a renovación mareal coa forza de arrastre que tiña antes ó estar incluído ese porto nunha rada cunha estreita abertura que agora se quere dificultar aínda máis para ganar unhas poucas prazas de amarre no porto deportivo.
![]() |
Bandeira pirata, collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Pirate_Flag_of_Jack_Rackham.svg, no dominio público. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario