20170503

Cada vasco pagará 90 € menos ó estado o próximo ano

192 millóns de euros menos, co pacto PP - Ciudadanos - PNV, e uns 2 200 000 vascos. Iso é o que sae aproximadamente: algo menos de 90 € por persoa a ingresar nas arcas estatais o próximo ano, se a persoa é vasca. E Galicia? Coido que as contas non saen igual.Q ue hai un desnivel orzamentario (e de 'nivel de vida') entre o País vasco e Galicia? Si. Que o pago non é proporcional entre as dúas autonomías (neste exemplo)? Pois o certo é que agora mesmo, non sei, pero o que sei é que vai haber unha descompensación entre aportacións entre os anos 2016 e 2017.
Colaboración, cooperación social e económica... si, pero, cando un le certas informacións, a pregunta é: para todos?
Ou, posto doutro xeito, mentres, cando nos quedaremos sen ferrocarril na zona? E sen liñas de autobús?
Este ficheiro, collido da galipedia,  está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual xenérico 2.5. Recoñecemento: Joan M. Borràs (ebrenc)

Ningún comentario: