20170503

Daslle a man e cólleche o brazo


Coñeces o dito? Sempre houbo exemplos, pero normalmente non son moi visibles. Neste caso, si. E podería traducirse por 'daslle a illa Pancha e colle a península'. Porque algo parello é o que está a suceder. Non chega coa apropiación privada da illa Pancha cunha concesión de 500 m2 que dan as chaves dunha illa de case 10 000, senón que agora están postos varios carteis de aparcamento reservado para os apartamentos turísticos e prohibido aparcar abondo antes de chegar á illa, xa na zona onde da volta o tren turístico e máis embaixo, na baixada.
Obras en zona rede Natura, concesión de espacio comunal a mans privadas, manexo incontrolado de plantas invasoras, extensión de prazos fóra xa de prazo... diferentes infraccións de diverso tipo séguense acumulando, de paso que Faros de España gasta presuposto en promocionar de xeito enganoso unha instalación privada. O último exemplo, tamén onte mesmo, na televisión de Galicia, nunha reportaxe onde o concesionario apunta a que os apartamentos están ocupados os fines de semana ata setembro e está procurando ocupación para o resto da semana, cando calquera pode ver esta mesma mañá, ben despois da gravación, que na web dos apartamentos entre xullo e agosto, para os fins de semana, só aparece ocupado na segunda fin de semana de xullo a noite de sábado a domingo. Iso si, pon que esa noite está completo: ten as dúas habitacións apalabradas. Polo que parece, o mesmo que pasara xa hai case ano e medio con 'La Alacena Roja', a veracidade non importa.
E falo de 'último exemplo', pero en realidade, coa colaboración das institucións, hai máis que están esperando a ser documentados convenientemente.
--
Algunhas fotos de Suso Fernández das sinais:
 Prohibindo fóra da illa. Con que autoridade? con que permiso?
Traducido: excepto apartamentos turísticos e autoridade portuaria Ferrol - S. Cibrao.
Aparcamento 'privatizado' fóra da illa... e con 'reciclado' de postes de sinais anteriores (públicas)
 Entrar? Non se pode, claro!
 A sinalización da illa? Fóra da illa, claro! Dentro non é sitio. Nin para os peóns, prohibidos.
E fotos que non son de Suso, xa publicadas no blog: un cartel suprimido, en detalle e no conxunto:



Ningún comentario: