20170511

Escrito do colectivo “Por nuestro faro” ao Alcalde de Ribadeo e á Consellería de Medio Ambiente da Xunta

Por parte de 'Por Nuestro Faro' dase entrada no rexistro ó seguinte escrito, con novas cousas das que nos imos decatando pouco a pouco e que se van sumando á morea que temos documentada:
Sr. Alcalde de Ribadeo
Respecto dos sinais de aparcadoiro aparecidas no vial de acceso á Illa Pancha desexamos notificarlle o seguinte:
1.-Calquer actuación de tipo urbanístico en zonas afectadas pola Rede Natura 2000 debe estar previamente incluída no PXOM, dacordo cos artigos 59 e 60 do decreto 37/2014 que aproba a Rede Natura 2000 de Galicia.
2.-No capítulo III (Normativa Zonal) da mesma norma específicase, con toda claridade, que este tipo de actividades deben estar sometidas a autorización e avaliación previas, incluida publicidade, sen que exista constancia de que se teñan seguido estes trámites no caso que nos ocupa.
3.-Temos coñecemento de que actuacións similares foron denegadas pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en zonas cun rango de protección inferior ao devandito.
4.-Concretamente a zona aludida está incluída na Zona ZEPA “Ría de Ribadeo”, no LIC “Rio Eo” e no Humidal Protexido “Ría de Ribadeo” (Convenio Internacional de RAMSAR).
Ainda mais compre suliñar que estas consideracións son tamen aplicabeis ao aparcadoiro existente no interior da illa que non foi avaliado específicamente en nengún dos documentos publicados ata agora na tramitación deste expediente.
Polo demais debemos lembrarlle que o día 4 de Maio de 2017 rexistramos un escrito no Concello de Ribadeo dando conta da aparición destes sinais sen ter recibido resposta nen apreciar nengunha iniciativa por parte do concello. Asemade o día 27 de Abril rexistramos outro escrito dirixido a Ve. preguntándolle pola tramitación da licenza de apertura e lembrándolle o seu compromiso de denegar a devandita licencia se non se permitía o acceso libre á illa publicado na páxina web do concello e nos medios de comunicación o día 26 de Novembro de 2016 e tampouco temos recibido resposta a esta pregunta. 
Reciba un sáúdo.
Deixo unha 'imaxe alusiva' publicada no blog en varias ocasións, entre elas hai xusto un ano:

Ningún comentario: