20170622

Escrito que remite o Colectivo Por Nuestro faro ao Alcalde de Ribadeo

Escrito que remite o Colectivo Por Nuestro faro ao Alcalde de Ribadeo.
   Sr. Alcalde de Ribadeo
   En nome e representación do Colectivo Por Nuestro Faro desexaría transmitirlle as seguintes consideracións: 
   1.- Dado que as respostas da Autoridade Portuaría, tanto aos requerimentos do Concello de Ribadeo, como ao noso colectivo como ao informe do Defensor del Pueblo, deixan sen crarexar a legalidade de moitos aspectos dos trámites levados a cabo na concesión e posterior licenza municipal para instalar dous apartamentos turísticos no faro da Illa Pancha propoñemoslle que polo propio Concello de Ribadeo se someta o devandito expediente ao estudo dunha cátedra de dereito administrativo e ou ambental ca finalidade de ter un criterio académico cualificado e independente que permita prantexar con mais seguridade posteriores actuacións.
   Entendemos que na documentación que se debe aportar á devandita autoridade académica deben figurar tódolos documentos que figuren en poder do Concello de Ribadeo, incluidos os informes do Defensor del Pueblo, os da Autoridade Portuaria, os requerimentos do propio concello e as denuncias do colectivo asinante. Entre éstas debemos suliñar algúns aspectos aos que ate agora se lles está dando escasa atención, como é a interpretación da Lei de Puertos ao conceder un espazo de 500 metros cadrados, que non inclue os accesos ao edificio do faro e terreos colindantes, cando en realidade a concesión abrangue aos 4300 metros cadrados da totalidade da illa. Mesmo debe estudarse a falla dun estudo obxectivo da viabilidade económica do proxecto que tamén esixe a Lei de Puertos e o mantemento da prohibición do acceso aso vecinos e visitantes contra o criterio que estabelece o artigo 27.1 da lei de Costas.
   2.- Pola outra banda solicitamos que se nos facilite copia íntegra da resposta da Autoridade Portuaria e da resolución desa alcaldía que ordeou, no seu día, o precintado das instalacións
Colectivo Por Nuestro Faro
Ribadeo, Xuño, 2017
Vista da Terra, centrada na illa Pancha, pouco despois do mediodía do día máis longo do ano. Google maps.

Ningún comentario: