20170601

Illa Pancha: suma e segue

Parte da acta da Xunta de Goberno Local de Ribadeo de 12 de xullo de 2016

Por Nuestro Faro
 Nota de Prensa
20170601
   Na maña de hoxe, 1 de xuño, un membro do colectivo 'Por Nuestro Faro' presentou un escrito no concello reclamando a revisión do que consideramos un novo engano relacionado co uso privado da illa Pancha.
   No escrito expóñense tres feitos que presentan unha contradición de datos que supón un novo infrinxir a lei neste caso. Así, detállase que se di publicamente que houbo unha inversión de 200 000 €, o que viría apoiado por un traballo de fin de grao cunha obra semellante para o faro e unha inversión asemade semellante, e se contradiría coa aprobación na Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadeo de 12 de xullo de 2017, na que foi aprobada a licenza de obras pedida (para obras interiores, debendo entenderse entón que a foxa séptica ou a beira do edificio non estaban incluidas, aínda que foran executadas), por un importe de 20 064,82 €. Datos todos eles públicos e comentados no pobo.
   O escrito insta de novo ó concello á revisión dun expediente que o colectivo ve pragado de irregularidades, cando non ilegalidades, e posto en cuestión tanto por institucións como por veciños.
   Remata lembrando que hai diversos escritos dirixidos ó concello e sen resposta polo momento, resposta que segue a esperarse.
   Mentres, e aínda sen resolverse cuestións de fondo que atinxen a diversas administracións, outras ilegalidades que atinxen ó concello seguen sen estar resoltas. Así, pode verse aínda hoxe unha sinal de aparcamento restrinxido a ben máis de 50 m do comezo da ponte á illa.

Ningún comentario: