Non é serio. E non o entendo a non ser que se lle aplique un criterio exclusivamente económico. E aínda así, coido que é perxudicial.
Hai tempo que sei que o camiño de Santiago sofre variacións totalmente interesadas no seu trazado. Pero non lembraba ter visto a evidencia xusto en Ribadeo.
O cartel xa da fé de que o camiño que se vai amañar está 'adaptado' ó trazado 2012-2013, e despois de mirar varios minutos e de coñecer a zona, aínda non identifico parte das liñas que aparecen na zona sinalada.
a cousa é que no cruce contiguo, a dez metros de distancia do cartel de obra, aparece a primeira sinal do camiño. xusto no cruce do vello faro e a casa de Calvo Sotelo, aí está, indicando para a esquerda, para subir a Guimarán.
O detalle está claro. 'C.Complementario', non suplementario, que recolle ós peregrinos de? Poderiamos pararnos asemade na orientación do símbolo da cuncha de vieira, pero iso xa é moito para esta entrada. O que si, sinalar que, a diferencia doutros fitos, este non pon nada de distancia a Santiago, que aquí no parece ser importante.
E, máis arriba, en Guimarán, as sinais seguen a aindicar: non vaias pola rúa San Miguel, torce á esquerda, baixa, torce á dereita, métete de novo cara a Porcillán... porque iso é o que indican, cara a baixada de Guimarán a Porcillán. Claro, se algún camiñante (que ten que estar despistado) comeza a seguir as indicacións, faránlle dar unha volta, e, despois de subir, faránno baixar e despois terá que voltar subir ó pobo.
A xente que ven do albergue e chega ata o cruce de Calvo Sotelo, sube por esa rúa e métese no centro do pobo, de xeito moito máis consecuente e intuitivo, e ao menos con tanto proveito para o comercio. E, se algún camiñante ven do porto, entón é que o fixo de xeito voluntario e as sinais non van con el. Mágoa, na foto non se ve o orzamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario