20170601

NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO (Remitida ao Concello de Ribadeo)


   A foto que hoxe publicamos foi tomada o luns, 29 de Maio, ás 16:20 horas. Os medios de comunicación anuciaban o día 26 que os apartamentos estaban precintados por orde do alcalde. Pero ese suposto precinto deixa pasar coches particulares. Dende o noso ponto de vista o Sr. Alcalde de Ribadeo, ao longo das últimas semanas está chegando a un ponto difícil de explicar: ¿cómo é posible que o Concello de Ribadeo sexa incapaz de executar unha orde de precinto dentro das suas competencias administrativas?, ¿por qué antes si e agora non?, ¿pero non é non, ou é non sei, ou xa veremos?. Preguntas deste tipo escoitanse a cotío nas ruas e nas tertulias. A xente non entende que unha riola de irregularidades denunciadas hai un ano polo noso grupo, e confirmadas polo Defensor del Pueblo o 16 de febreiro, fosen esquecidas polo concello, que o alcalde se puxese de perfil, que se dese a licencia de obra e que despois se suspendese a licencia de apertura. Tanto as persoas pouco informadas como aquelas mais implicadas nos asuntos sociais, mesmo se estaban “a favor” ou “en contra”, ou se son dun partido ou doutro ou de ningún, manifestan estupor e decepción.
   O concello transmite unha sensación de incoherencia que da pe ás mais diversas interpretacións. O 26 de Novembro anunciábase que non se daría a licencia de actividade se Puertos non autorizaba a entrada dos veciños, pero seis meses máis tarde esqueceuse esta condición. No pleno do 23 de marzo o Defensor podía ser “un incompetente”, (Suárez dixit, témolo grabado); dous meses mais tarde consulta ao Defensor: ¿se pode ser un incompetente, porque lle preguntamos nada?. A Autoridade Portuaria do Ministerio de Fomento foi a promotora do Programa Faros de España e a principal inductora dunha chapuza continuada -adxudicación directa incluida- con flagrantes fallas de procedimento e de informes determinantes -como o confirmou o Defensor- e o Sr. Alcalde de Ribadeo insiste en pedirlle a Puertos o seu veredicto, ou sexa poñer á raposa a cuidar as galiñas.
Xa dixemos varias veces que este asunto iba traguer cola. Ainda están pendentes os informes do Defensor sobre outras denuncias que presentamos primeiro e ampliamos despois.
   Sr. Alcalde, a veciñanza pide que se defina, que cumpra a legalidade da que vostede alardea, que se precinte dunha vez unha obra trufada de irregularidades.
  Mirando ao faro, alguén lembraba estes días aquel vello cantar:“Onde están as chaves matarile, rile, rile, no fondo do mar matarile, rile, ro”.

Ningún comentario: