20170629

Servizos panameños para consumidor ribadense

Non sei se é unha campaña xeralizada, un erro de envío, unha campaña personalizada... pero levantarme e ver que me ofrecen, por correo electrónico, un servicio de asesoría en Panamá, deume por un momento un sentemento de corrupción e avantaxes fiscais ó tempo que de chanza que non é moi doado de describir.
Só a modo de curiosidade (non creo que a ninguén da xente que poda ler este blog se lle ocorra usar os servizos destes profesionais -ou mesmo teña oportunidade de facelo-) deixo dúas capturas de pantalla dun correo de 'promoción' máis ben longo, ó tempo que unha pequena reflexión sobre as oportunidades que o mundo de hoxe ofrece para saltarse barreiras de todo tipo a quen queira facelo, xunto con incentivos a quen poda dispoñer por calquera razón de cousas como inmunidade. Algo que, parodiando aquelas frases típicas asociadas coas eleccións norteamericana, tipo 'é a economía, estúpido!, poderíase adaptar como 'é o sistema, estúpido!'. Un sistema que máis que mellorar, debérase pensar en substituír.
Vin que non aparece na imaxe a web. Por se alguén está interesado en 'contabilidade outsourcing' e cousas polo estilo, wwww.pvhasoc.com (si, no correo aparece con 4 w, pero entra con 3 w...)


Ningún comentario: