O pasado día 23 de
xunio, na festa da fogueira de San Xoan volvéronse repetir os actos
de chantaxe e insulto a membros do grupo “Por Nuestro Faro”, esta
volta por partida dobre. Xa temos denunciado anteriormente situacións
semellantes, mesmo nas rúas e lugares públicos e nos postos de
traballo, que afectaron a persoas que participan no noso colectivo.
Por certo, as nosas denuncias tiveron escasa relevancia nos medios
socias e mediáticos.
Ao fio desta
cuestión quixéramos suliñar outro tipo de actuacións que viñeron
a servir de caldo de cultivo para chegar a estes extremos. Nas redes
sociais, por poñer un exemplo, son relativamente frecuentes os
insultos directos a persoas do noso colectivo, tratando de imputarnos
intereses persoais ou apelando a outro tipo de actividades alleas ao
tema que tratamos. Nestes comentarios utilízanse falsedades de todo
tipo que pretenden xerar un estado de opinión hostil ás nosas
persoas físicas, o que axuda ao que despois se traduce en acosos
persoais, insultos verbais, persecucións polas rúas etc. Mesmo en
diarios e semanarios teñen aparecido escritos despectivos e
informacións falsas ou manipuladas -e non só por espontáneos e
afeizoados- nos que se trata de degradar a nosa imaxe pública,
lexitimando en consecuencia outro tipo de actuacións mais agresivas.
Ademais destes
escritos insultantes temos a labor de zapa dos que sistemáticamente
non presentan como un grupo de internet, cando levamos realizadas 42
asambleas públicas, recollidas de sinaturas, concentracións, actos
culturais etc, sempre convocadas por métodos públicos e
transparentes que asoleian para calquer observador obxectivo a
existencia dun colectivo cunha presencia social real e tanxible. Na
mesma tesitura estiveron os repetidos escritos que nos acusaban de
ser xente de “fora de Ribadeo”, sen tomarse a mais mínima
molestia por preguntarnos directamente quen formaba o colectivo ou
acudir a unha das nosas xuntanzas, sempre convocadas en aberto.
Poñamos aquí un dato relevante: mais do 60% dos membros do noso
grupo viven en Ribadeo, mais dun 30% naceron en Ribadeo, teñen
familiares e visítannos a cotío, e non chega ao 6% as persoas que
apoian en facebook sen ter presencia física ou relación directa.
Outra forma de
demagoxia é presentar o proxecto como o xerador dunha importante
actividade turística e ao noso colectivo como os causantes de
impedir esa marabilla e retrasar a execución dun proxecto que
acabaría co paro en catro días. Pero a verdade é que os informes
negativos da Xunta sobre a cafetería e os requerimentos do Concello
para dispoñer de auga potable dificilmente poden ser debidos á
influencia do noso grupo cando nunca tivemos acceso a ese tipo de
informacións. Podemos lembrar aquí que a documentación que
presentou inicialmente a empresa promotora no concello (9 de setembro
de 2015) tivo que ser rexeitada por un erro de principiantes, ao tomar como
referencia o antigo PXOM, sen vixencia dende decembro de 2014.
Despois, como é sabido, a empresa, pola sua conta, desdobrou o
proxecto – apartamentos e cafetería – provocando un novo retraso
de varios meses, pero os axitadores seguiron botándonos a culpa dos
“retrasos”. Tamén hai que suliñar a inestimable colaboura da
Autoridade Portuaria, da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo a
xerar unhas expectativas fantásticas e fora de toda medida realista.
“Un premio para Ribadeo”, según o Sr. Alcalde, e “o primeiro
hotel dos faros”, según o Ministerio de Fomento, repetido en
tódolos medios con hiperbólica publicidade gratuíta ou a cargo das
contas públicas. Esta campaña mediática tratou de presentar o
proxecto como un emporio turístico para quedarse en dous
apartamentiños e un posto de traballo.
E para remate a
negativa de tódalas administracións a analizar o informe do
Defensor del Pueblo, acompañada da inhibición do Valedor do Pobo
galego, que se quitou o morto de enriba nun alarde de pragmatismo,
sen entrar nun tema que podería ser da súa exclusiva competencia.
Cousas que pasan, ningún dos “expertos” tomou nota deste ínfimo
detalle, pero iso si, cargar culpas ao noso colctivo non se lles pasa
por alto.
A situación non é
inédita: queren buscar culpables a tanta incompetencia, subcultura e
desidia. Por eso vémonos na obriga de reclamar máis implicación
fronte á constelación político-corporativa que, na entrega do noso
faro a mans privadas, calquer método atopa xustificación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario