Esta fin de semana acumuláronse en Ribadeo varias citas con aportacións externas ó pobo, e algunha na que Ribadeo aportou tamén para fóra. Aquí queda algo delas.
A primeira, a celebración do 'día do orgullo'. Así, sen máis, aínda que evidentemente, pola bandeira e pola
nota de prensa, refírese ó orgullo do colectivo lgtb.
|
O concello, ca bandeira lgtb |
|
A imaxe coa que o concello, na súa páxina web, ilustrou a nota de prensa (tamaño real). |
Outra cita foi a da
feira do libro 2017, con 11 casetas e conferencia de Lalo para dar comezo. non me puiden pasar moito por ela, pero o que vin foi interesante. A foto, as casetas preparadas pouco antes de dar comezo á Feira:
|
A feira do libro 2017, preparada para comezar |
Outra cita foi da X concentración moteira organizada por
Al Corte, este ano, co parque coas casetas da feira do libro, con sede no aparcamento municipal. Para a I concentración xa tiña unha moi
breve referencia no 2008.
|
Algunha moto da concentración moteira |
|
Motos e xente na concentración de al Corte 2017 |
A última parte do artigo é para algo que naceu en Ribadeo e que este fin de semana repetiuse en Abres, no marco do Eu Son Eo celebrado en ría de Abres, pero con actividades tamén en Asturias, como esta, acubillada na escola de Abres: a
exposición a Chocolateira.
|
O rincón dos pícaros |
Ningún comentario:
Publicar un comentario