20170823

Os bloques, invadidos

Á praia dos bloques parece que lle botaran o mal de ollo. Non só se se ve invadida polo limo (algo do que xa avisara no seu momento Isidoro Asensio) e as algas que o colonizan, ou invadida e dificultado o movemento no seu espazo por lanchas, motos ou espectáculos, a máis do defecto de creación (deixarían agora costas e Medio Ambiente facer o recheo?) cando as escaleiras e as rochas que conforman a suxección de area se ven invadidas. A cousa comezou sen consecuencias hai algún tempo cos mexillóns, lapas e caracois. Pero este ano as larvas de mexillón, se non se varren, en pouco tempo será moi dificultoso o sacalas, tanto como baixar polas escaleiras cara á auga. E peor, pola perigosidade, as ostras que se afianzan xa de xeito duradeiro no tramo baixo das escaleiras. Moluscos que hai días a prensa traía a nova de que produciran algún corte nas praias de Barreiros, e dos que non trascendeu que tamén nos bloques produciran cortes que levaron a puntos de aproximación in situ e logo no hospital.
Claro que hai que ir un pouco máis aló e preguntarse por que agora si hai ostras nos bloques e antes non as había.
Unha mostra do que había ata o de agora



Larvas de mexillón nas escaleiras


Ostras nos chanzos inferiores dos bloques.
--
Nota posterior no mesmo día:
Sobre o mesmo tema da invasión de ostras 'Cassostrea gigas' (diferente da ostra común, a orixinaria da ría), imprescindible botarlle unha ollada a http://ria-de-ribadeo.blogspot.com.es/2017/01/invasion-de-ostra-rizada-na-ria-de.html
E este artigo citado no post anterior: http://www.smdu.org.uy/93/dosSantos_Fiori_245-252_CSMU93.pdf

3 comentarios:

Cristina Salgado dixo...

Bo día

Escrívolle dende o Progreso porque me gustaría ampliar esta información. Se puidese poñerse en contacto connosco agradeceríallo

Anónimo dixo...

A plaga de moluscos e máis que visible dende calquera punto da ría. Outra especie invasora que avistei hai un par de meses gracias a unha voz de alerta da miña filla foi un especimen de cangrexo americano fora da auga nas proximidades do pequeno lago que hai no merendeiro de Arnao nas Figueiras. Concretamente na pista de terra que une a recta que vai dende o acceso ao faro de Arroxo ate Villadún ca estrada que discurre entre a praia e o merendeiro.
Trasteando pola rede non observei estudo de impacto algún do cangrexo americano nin tampouco souben de plan de introducción do mesmo. Se sabe alguén deles estaría ben que o compartise pra consulta-lo.
Unha aperta
Adrián Suárez
Pd: Tomamos fotos do encontro co crustáceo.

agremon dixo...

Pois non sabía, Adrián.Se me entero de algo, tentarei poñerme en contacto.