20170905

Da festa a festa

Comezaron as festas. Fixérono cun acto popular, o pregón, xunto cun acto cultural, a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, e antes dun acto deportivo, a carreira Rinlo-Ribadeo. Antes xa se deixaba sentir, dende días, mesmo semanas, o contaxio da actividade no parque, comercial primeiro, de nenos despois e de boureo. Dicir que comezaron, despois dun verán de plena ocupación en Ribadeo, coido que é unha mentira piadosa, e por iso funme á Galipedia e atopei algo co comulgo, que as festas veñen a ser o que un quere que sexan, que a festa vai por dentro, que festa pode ser moitas cousas e ningunha, ou que a tradición é unha invocación como motivo, mais pode ser unha mera costume ou un sentemento (aínda que se podan confundir a fusionar ambos)
Así, ós toros chámanlle 'festa nacional', e habería que comezar a discutir ámbalasdúas palabras... o que me lembra o fallo xudicial comentado hoxe no xornal que anula o acordo plenario de 2014  no concello de Ribadeo segundo o que se prohíbe actuar a circos con animais no concello. Algo que foi recurrido pr un circo, e conseguiu a súa anulación parcial. Así pois, 'iso' é festa ou non? Ten sentido o preguntalo?
Por certo, e a recurrencia de ruído, contaminación invasora onde as haxa e de efectos nocivos comprobados, ten que ser parte da festa de xeito inexcusable?
Pleno coa moción 'vila libre de circos con animais'
Texto da acta onde se aproba a moción sobre 'vila libre de circos con animais' (pp.32-34):
MOCIÓNS: DO GRUPO DO BNG SOBRE VILA LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS.
 Dase conta da Moción que se transcribe:
 “A cuestión do respecto cara aos animais levou a cidadanía a demandar novas accións en diferentes eidos normativos. O uso de animais en espectáculos é, quizais, un dos aspectos máis surrealistas que teñen lugar no noso país, nomeadamente os circos, que ofrecen unha imaxe radicalmente dis torsionada do que supón a fauna silvestre.
 A vida destes animais nos circos caracterízase polo illamento, o castigo, o medo e o cativerio. As exhibicións de animais nos circos ofrecen tamén unha mensaxe educativa negativa. Aínda que os espectáculos circens es non amosen condutas de violencia explícita á vista do público espectador, os actos que os animais teñen que realizar durante toda a súa vida non son habituais nin naturais e, para obrigalos a se comportaren deste xeito, sométenos a métodos de adestramen to baseados no castigo físico, a privación de alimento e ao illamento do resto dos seus conxéneres.
 Os animais que viven nos circos están obrigados a permaneceren o resto da súa vida privados de liberdade, atados, engaiolados ou encadeados en camións de tr aslado, negando calquera posibilidade de satisfacción das súas necesidades etolóxicas e naturais. A natureza transitoria dos circos e a vida constante de confinamento, privación de estimulación e frustración da fauna, conduce os animais a estados neurótico s e comportamentos repetitivos “estereotipados”, como balancear a cabeza ou corpo, movementos circulares dentro das gaiolas e até automutilacións.
 Estes trastornos psicolóxicos chegan a provocar reaccións violentas que poden causar graves riscos para as pe rsoas en caso de accidente, un extremo que sucedeu en numerosas ocasións ao longo dos últimos anos.
 Un importante número de países e vilas de todo o mundo xa vetaron o uso de animais nos circos con base na súa protección e benestar, ao considerar que a súa exhibición e as condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico ilegal de animais e a caza furtiva de especies protexidas.
 Os circos usan os animais como reclamo do público infantil. Xulgamos que os pequenos e as peque nas deste país, a sociedade do futuro, merecen unha educación baseada en valores que inclúan o respecto cara aos seres vivos e o contorno.
 E por iso que propomos:
 1. Que este concello non autorice nin promova ou ampare a instalación de circos con animais no termo municipal.
 2. Declarar este concello vila libre de circos con animais.
 3. Que este concello non permita a instalación de publicidade de espectáculos circenses con animais no termo municipal.
 4. Notificar este acordo á Xunta de Galiza, aos grupos do Parla mento de Galiza e á Asociación Animalista Libera.”
 O Sr. Alcalde explica que houbo un debate hai dous meses, que lle parece que foi unha pregunta ou un rogo no último pleno ordin ario e se falou algo de iso, dunha polémica que houbo nas redes sociais sobre un circo que viñera e que traía animais; explica que se falara de que tiñan unha moción tipo e decidiron levala ao Pleno.
 Resume en síntese de que se trata; primeiro, de que o Concello non permita a instalación de circos con animais no termo municipal; aclara que di circos; segundo, declarar ese Concello vila libre de circos con animais; terceiro, non permitir a instalación de publicidade de espectáculos circenses con animais no termo municipal; cuarto, notificar este acordo á Xunta e ao Parlamento e á Asociación Animalista Libera.
 Explica que el non leu a exposición de motivos e foi directamente ao que se pretende que sexa a parte dispositiva, e que é para evitar que se dea o s ufrimento e o maltrato ao que se expoñen estes animais e que esteñan nunha situación que non é axeitada, a falta de liberdade, vivir engaiolados e unha serie de trastornos para os animais, polo que pretenden que esta proposta vaia adiante.
 Di que quere qu e veñan circos a Ribadeo, pero que se traen animais non autorizalo ou poñerlles as máximas pegas posibles para non facelo.
 De seguido ábrese un turno de debate, comenzando Don Eduardo Gutiérrez Fernández do PSG - PSOE que indica que lle parece ben pero que é unha pena que non teña unha addenda sobre os touros, aínda que a Ribadeo non lle afecte, pero os circos si.
 O Sr. Alcalde di que no mandato anterior a oposición tumbou isto.
 O Sr. Gutiérrez di que foi no mandato anterior.
 Intervén de seguido o con celleiro de UPRI Sr. Reymóndez Gancedo que manifesta que está de acordo no fondo da cuestión e que están todos de acordo no tema do maltrato dos animais; comenta que ve algunha pega porque non lle parece ben xeneralizar ata ese punto e buscar ese purismo, porque nun circo veñen unha serie de animais moi diferentes, como osos, leóns, elefantes e xirafas, os cales poden sufrir no transporte e estando alí, pero que se xeneralizan desa maneira, nas festas patronais, por exemplo, traen un espectáculo de cetrerí a e eses animais estaban alegres, ou por exemplo unhos cans que fan unha actividade nun circo non o pasan tan mal como os cans de caza que están dez meses encerrados na perrera.
 Explica que ao mellor están moito mellor tratados os animais nun circo que en outros sitios.
 Pon por exemplo si un circo trae cabalos e pregunta si se vai prohibir que actúen eses cabalos, porque se os comparan cos dun hipódromo ou cos que bailan, pois están nas mesmas.
 Reitera que está de acordo na filosofía do maltrato dos animais, pero que non lle parece ben xeneralizar ata tal punto porque pensa que no que había que ser é moi estrictos coa lei que hai para o trato dos animais, porque se entran no tema de maltrato hai casos peores que un circo, como pode ser pescar e deixar que se afogue un peixe.
 Continúa a deliberación entre os diferentes membros da Corporacion e o Sr. Alcalde explica que a ráiz de aquel debate e que con toda a boa intención trouxeron isto, que sabe que os pitos que se comen tamén son maltratados, pero qu e isto tamén se trata dos nenos e de darlles unha educación e di que ao mellor despois da votación os que teñen circos se preocupan de demostrar que teñen os animais en boas condicións e se pode modificar iso.
 Rematada a deliberación a Corporación, por oito votos a favor ( sete dos membros do BNG e un do Concelleiro do PSG - PSOE no Grupo mixto) e cinco abstencións ( catro dos membros do PP e unha do Concelleiro de UPRI no Grupo Mixto), en votación ordinaria, acorda prestar aprobación á M oción de referencia nos propios termos da mesma.

Ningún comentario: