20170911

Despois das festas?

En rematando as festas, a vida continúa, normal. Mais o que 'se leva' é facer unha valoración, unha análise, máis que unha planificación futura. Pois ben, senón unha análise profunda ou algo a modo de estatísticas, que non farei, aquí quedan algúns detalles. Vaia por diante que non se trata de lembrar momentos bonitos ou o 'esprito de festa', que os houbo e o houbo, senón de poñer unha contrapartida para remarcar que non todo é bonito. Estiven a piques de titulalo, a modo de Goya, 'Los desastres de la guerra'.
A tradición manda, e as festas volven ó Parque, e un xornal xa se fixo eco das protestas na rede por cousa de ruídos. A pesares da distribución do bando do alcalde. E a pesares de que entendo que nesas queixas non están incluídas as aglomeracións de xente diante de algún local do centro despois do remate do tempo marcado polo alcalde para as atraccións.
E xa vai sendo tradición longa que se empregue a 'representación institucional' nun estado aconfesional hoxe por hoxe de longa maioría non practicante para que representantes do pobo aparentemente non crentes asistan a actos relixiosos, fortalecendo a esquizofrenia constitucional. E así voltou a suceder este ano na procesión da patroa co alcalde procesionario. Copio unha cita de José Mª Rodríguez, escrita no 2014: "Aos meus 80 anos sentín unha gran emoción ó ver a procesión da Patrona este ano. Todas as autoridades presidindo a procesión igual que o facía nos anos 40 o alcalde de entonces, Pancho Maseda. Só lles faltaban as gafas de sol."
Quería poñer aquí envases con aceite ó pé do contedor de Clemente Martínez Pasarón, pero é certo que xa estaban a comezo do mes, logo quedan sen poñer por non corresponder ás festas.
Unhas fotos das 'festas, cara B', o 'parque temático no parque':





Como os servizos non os din atopado, non aparecen.
Outras imaxes poden ser comúns tamén noutras épocas:

E, por último, como lembranza máis festiva, os Cocos danzando o día 7:


1 comentario:

pancho dixo...

A foto do pedestal da papeleira queimada, levoume a pensar nun daqueles postes a saída dos pobos onde se queimaban as bruxas na Inquisición, ¡que barbaridade! ¿verdade? ¿haberá algunha similitude no grado de incivismo de ámbolos dous actos? Posiblemente, pois hai mentalidades onde a xenética familiar non evolucionou cos anos.... ¡¡ao que queimou a papeleira, "dálle mando" e verás a onde chega!!!!