Despois de ser redescuberto, facerse catas e levantar expectativas, o
Castro das Grobas volve ó esquecemento.
Onte presentaba o aspecto que se ve nas fotos. Nada de adecentamento da vexetación, nada de conservación dos lugares das catas, nada de exposición duns resultados que foron avisados xa hai moitos anos como pouco menos que excepcionais. E diso fai... cantos anos? quen se lembra? No blog foi pedido o adecentamento, a conservación, a exposición, a posta en valor. Antes non nomeei a posta en valor... e é que quen se preocupa da posta en valor se os anteriores pasos están como están? No seu momento foron realizadas visitas ó Castro (unha, organizada polo Tesón, tendo por guía a
José Mª Rodríguez Díaz, autor de '
Os castros de Ribadeo' e recentemente falecido, quen guiou outras varias veces a
escolares dos colexios de Ribadeo)
|
Vista de dous foxos e a cata do parapeto |
|
Vista de dous foxos de leste a oeste, dende fóra. |
|
Vista do foxo medio de oeste a leste, cara o mar. |
|
Cartelería de aviso na estrada das praias, xunto coas indicacións da senda do Cantábrico. |
Dende o Castro pode verse outro lugar de desleixamento e exquecemento: a illa Pancha. Unha diferencia fundamental entre ambos: O castro, polo momento, nunca chegou a ter tirón turístico e polo tanto, non espertou ambicións sobre el. Pero iso pode cambiar calquera día, como xa está demostrado.
|
A illa Pancha, vista dende o Castro das Grobas. |
Paso aquí unha trascición non literal do comezo dun dos carteis:
O castro fortificado e a manifestación da idade de ferro na Gallaecia, con continuidade no período de dominación do imperio romano (s VII a.C. - s IV d.C.)
O topónimo Grobas refírese a profundas escavacións no terreo en época antiga, os impresionantes foxos defensivos. Os tres foxos (claramente visibles, un cuarto en esbozo) fan o castro inexpugnable e caso senlleiro na Mariña.
... caso senlleiro, mais sen sinais de acción recente.
3 comentarios:
Nin o Castro das Grobas, nin o do Fornelo, nin o de Meirengos. Está todo a bravo, sen coidar, esquecido pola administración patrimonial e cultural, pero iso si... como haxa un sátrapa que albisque negocio... xa verás como se firman tódolos papeis necesarios para que a ¡terra virxe e de cultura dos castros! se converta en ¡terra prostituída, machucada e asoballada! sen ningún reparo, sen ningunha traba administrativa... ¿Como é posible que haxa tanto inútil en cargos políticos representativos, onde nos xogamos o porvir dos nosos pobos? ¿será porque só teñen estómago que traga con todo, e din amén, amén, amén...? ¿non vos parece que para facer unha Democracia-Democracia, habería que obrigar a todas estas "autoridades" a pasar un exame de ética ou de si teñen "xuízo de razón" como as persoas normais?
Dixo hai un par de días o Presidente do Goberno que non deixaría que ninguén acabara coa democracia. Chega co seu equipo... Neste caso, algo parello, Pancho.
'Nadie va a liquidar la democracia española'
Publicar un comentario